quinta-feira, 5 de junho de 2008

XIV Ponte nas ondas


Hoxe celébrase a XIV edición de Ponte nas Ondas con numerosas actividades; en moitas delas podes participar ao longo do dia de hoxe e optares, así, a diferentes premios; non deixes de visitar as páxinas da organización e as ligazóns que che oferecemos para participares. Colamos a seguir o convite que nos fixeron chegar:

"Dirixímonos a vós en nome da Asociación Cultural e Pedagóxica Ponte...nas ondas!
Este venres 6 de xuño realizaremos a XIV edición de Ponte...nas ondas! baixo o lema IDENTIDADE E TERRITORIO, en colaboración co Proxectoterra.
Esta xornada de comunicación está producida por centros educativos coma o voso e tenta ser unha ponte de comunicación entre o mundo da educación, a cultura e as novas tecnoloxías.
A nosa intención é facer partícipes desta xornada a todos os centros que o desexen.
Para iso, temos preparada unha programación que vai permitir:

- Seguir por televisión a través de Internet a xornada enteira de programación. Poderase ver e escoitar desde a nosa Web: www.pontenasondas.org ( recomendamos que se proxecte o sinal nunha o varias pantallas grandes para o alumnado ).

-Seguir a través do portal de Vieiros os diversos certames e concursos que estarán abertos para a participación do alumnado ao longo do día.

Ademais, queremos:

- Convidarvos a asistir en directo á realización da xornada ( pola mañá
desde a Escola de Telecomunicación da Universidade de Vigo e pola tarde desde do Museo do Verbum.

- Convidarvos a asistir ao festival da VII MOSTRA DA ORALIDADE GALEGO-PORTUGUESA que se vai celebrar no exterior do Verbum con Luar na Lubre ( Galiza ), Vozes da Rádio (Portugal ), Socorro Lira ( Brasil ) e Avelino González ( narrador oral ). A partir das 22.00 hs., concerto que será emitido pola TVG en diferido para Galiza e Portugal.

- Convidarvos a sumarvos ao apoio á NOVA OPORTUNIDADE para que a Candidatura do Patrimonio Inmaterial Galego-Portugués sexa presentada na Unesco para a súa inscrición na Lista Representativa do Patrimonio Inmaterial da Humanidade. Podedes facer escritos desde o voso centro e enviárnolos. Se xa sodes ESCOLA PROMOTORA podedes reiterar o voso apoio e senón podedes sumarvos á rede de Escolas Promotoras do Patrimonio Inmaterial Galego-Portugués."

O NOSO PATRIMONIO XA É DA HUMANIDADE ! PONTE AO NOSO LADO !

Sem comentários:

25N. CONCURSO DE POSTERS.

                                                    Con motivo da conmemoración do Día contra a violencia de xénero, a Biblioteca organiza u...