Mais, infelizmente, todos os días deben ter o obxectivo de hoxe; non silencies nunca a violencia, sexas vítima ou testemuña: fala cos teus pais, co profesorado, con quen considere que ten mellores posibilidades ca ti para actuar contra quen desenvolve accións violentas.
O texto e as imaxes que veñen a continuación van axudarnos a reflexionar e a actuar. Son o resultado do interesante traballo de persoas que están detrás dos blogues de outras bibliotecas escolares ou de blogues educativos que che recomendamos visitar e aos que agradecemos a xenerosidade:
Biblioteca do CEIP Milladoiro de Malpica
O Segrel do Penedo
Blog da Biblioteca do IES de Fene
Trafegando Ronseis
In Memoriam
El morreu hai trinta anos. A ela enterrárona estes días: morreu de vella.
El era un home sociable e ben relacionado. Ela non poñía o pé fóra de cen metros arredor da casa. El baixaba á vila tódolos días. Ela non ía nin ós enterros. El era violento e agresivo e mallaba nela día si e día tamén. Ela era traballadora, simpática e dulce. El levantaba a man e o que lle cadrara. Ela sempre levaba caramelos no peto cos que convidaba ós nenos que lle pasaban pola porta.
El viviu protexido por un muro de silencio. Ela viviu presa tras do mesmo muro.
A morte del só a liberou das tundas.O muro caeu o día do enterro. Dela
Novembro de 2008
Sem comentários:
Enviar um comentário