Concursantes do instituto
Acabamos de saber que Samuel Darriba Real, de 2º F, é o gañador do concurso de tradución Juvenes Translatores, convocado pola Comisión Europea. A tradución de Samuel foi considerada a mellor de España.
Recordamos que no día 27 de novembro tivo lugar, simultaneamente, unha proba de tradución en 393 centros dos 27 países da Unión Europea; nela participaron 2237 alumnos.
O premio consiste nunha viaxe a Bruxelas do 2 ao 4 de abril, para o gañador e un familiar, asistindo ao acto de entrega de premios.
Parabéns, Samuel! Parabéns aos demais participantes do instituto e a todas e todos os premiados.
Esperamos que nos contes neste blogue a experiencia que vives.
Sem comentários:
Enviar um comentário