quarta-feira, 28 de janeiro de 2009
Dosier Cachai
Dosier Cachai: Aula Aberta de Filosofía: Eis a actividade teatral que presenciaron 127 alumnas e alumnos de 2º de bacharelato do instituto e que se desenvolveu no auditorio Gustavo Freire, co patrocinio da Concellalía de Cultura.
En base a unha obra de teatro que presenta as vivencias de dous irmáns que quedan orfos, como consecuencia da represión acaecida despois do golpe de estado de Pinochet, en Chile, oferécese unha reflexión sobre as implicacións que afectan a cidadanía por causa das decisións políticas e búscanse as bases antropolóxicas da opresión, da inustiza, da fame, da tortura...
o xogo que se propón é pensarmos o mundo de hoxe, pensármonos a nós propios, pensarmos os outros no mundo globalizado en que vivimos.
Para saber máis podes ler isto, e, aprenderás que Cachai é, antes de máis, unha reivindicación da lucidez, saberás da orixe da palabra e outras informacións atractivas.
Agradecemos que vós, que vistes a representación, nola acheguedes a quen non tivemos a oportunidade por medio dos vosos comentarios.
Pedro Varela
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
25N. CONCURSO DE POSTERS.
Con motivo da conmemoración do Día contra a violencia de xénero, a Biblioteca organiza u...
-
Con motivo da conmemoración do Día contra a violencia de xénero, a Biblioteca organiza u...
-
O poeta escolle abril De quen fuximos? Quizaves, dime, a cinza non rexeita a garrida mocedade e o sangue? En abril e maio non hai cin...
Sem comentários:
Enviar um comentário