domingo, 1 de fevereiro de 2009

Ana Ferreiro, mellor oradora na II Liga de Debate




Viva!, Viva! Viva!
Parabéns, Ana!!!
Parabéns para toda a equipa!
Parabéns, Auri! Grazas polo esforzo que fixexhe.
Grazas ao grupo por traballar,participar e defender tan ben os argumentos do debate.
Este ano os éxitos do noso alumnado sucédense.
Como anunciamos hai uns días, dúas equipas do noso instituto, formadas por María López Quiroga, Antonio Sanjurjo, Javier Valle, Ricardo Estévez, Anxos Fazáns, Ana Ferreiro, Sara Iglesias e Jairo Brea, liderados pola profesora Áurea Penas, tomaron parte na II Liga de Debate que tivo lugar no Multiusos Fontes do Sar de Santiago de Compostela, do día 29 de xaneiro a 1 de febreiro, organizado pola Dirección Xeral de Xuventude, dependente da Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar.

Na primeira fase tiñan que debater sobre Axuda ao desenvolvemento, O peixe ou a cana? Ambas equipas tiveron unha actuación moi destacada, a pesar da súa falta de experiencia, e gañaron dous dos tres debates en que participaron. Só unha equipa, a formada por María López, Ana Ferreiro, Antonio Sanjurjo e Javier Valle puido pasar a octavos, pola diferenza de ítems gañados.

En oitavos de final, o tema a debater era se as administracións públicas están a afrontar de xeito eficaz o problema de consumo de drogas (legais ou ilegais) entre os adolescentes. O noso grupo caeu moi dignamente fronte ao IES Rosalía de Castro de Santiago, que gañaría finalmente o torneo.

O traballo de todos os participantes ao longo destes catro días foi moi intenso, ben preparando os temas ou baténdose fronte aos adversarios na salas de debates, coa dificuldade engadida de ter que dominar as emocións e os nervios ante a experiencia.

Durante as intervencións, quedou patente a habilidade oratoria de Ana Ferreiro, que finalmente foi recompensada co premio á mellor oradora do certame polo que recibiu unha cámara dixital.

Cabe destacar o bo ambiente que se creou entre os participantes, aínda sendo rivais nos debates.

Agradecemos especialmente a Ana Ferreiro e Anxos Fazáns ternos dado xa outras satisfaccións: Ana como integrante do grupo dramático Upiaska e Anxos como narradora. Änimos para continuardes.
Esperámosvos por aquí para que contedes polo miúdo a experiencia. Todo un éxito.


Para saber máis:
El Progreso
La Voz de Galicia; tamén aquí.
Novas Xunta

1 comentário:

Anónimo disse...

Fantástica a actuación dos nosos compañeiros/as que están a deixar polas nubes o noso centro e estupenda a oportunidade e puntualidade con que son recollidas as novas neste espazo de proxección da nosa biblioteca.

25N. CONCURSO DE POSTERS.

                                                    Con motivo da conmemoración do Día contra a violencia de xénero, a Biblioteca organiza u...