sábado, 7 de fevereiro de 2009
Combater a fame, proxecto de todos
Para acercarnos a outras realidades, esta semana estivo no Instituto con rapaces de ESO e primeiro de BAC, Xosé Luís Álvarez, un misioneiro que leva 28 anos no Ecuador.Traballa para que erradicar a fame e para que a pobreza extrema deixe de existir: é este o primeiro dos obxectivos do desenvolvemento do milenio que propón a ONU.
Contábanos que entre os anos 2000-2003, estimábase que as persoas que pasaban fame eran 848 millóns. No ano 2006, según a FAO,os famentos eran 854 millóns. No ano 2008 aumentaron a 923 millóns, dos que, 907 millóns habitan en países en desenvolvemento.
E como situacións de inxustiza hai moitas no mundo, falaba de que, no Congo, os nenos son as principias víctimas do Coltán, mineral de alta condutividade usado para as principais comunicacións no noso século. Traballan en xacementos angostos onde só eles, pola súa estatura, poden entrar e, con frecuencia, son vítimas de desprendementos que os deixan enterrados.
Algo debemos estar facendo mal, moi mal para que no século en que estamos suceda todo isto. Pero xa sabedes que moita xente pequena, facendo moitas cousas pequenas, en moitos lugares pequenos, pode cambiar o mundo.
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
25N. CONCURSO DE POSTERS.
Con motivo da conmemoración do Día contra a violencia de xénero, a Biblioteca organiza u...
-
Con motivo da conmemoración do Día contra a violencia de xénero, a Biblioteca organiza u...
-
O poeta escolle abril De quen fuximos? Quizaves, dime, a cinza non rexeita a garrida mocedade e o sangue? En abril e maio non hai cin...
Sem comentários:
Enviar um comentário