Com un pouco de demora, informamos da exitosa participación dun grupo do instituto no concurso de robótica First Lego League, chegando mesmo á final estatal, celebrada en Barcelona no pasado día 1 deste mes.
Alá foi, coa compañía da Xefa de Estudos, Pilar Illán, a equipa, integrada por Alejandro Álvarez, Rocío Dorado, Javier Iglesias, Xela Lodeiro, Alba Expósito, Laura Macía, Pablo Ramos e Gabriela Vila, de 4º de ESO, dirixidos pola súa profesora de Tecnoloxía, Ana López Cela.
Como subliña Ana, o acceso á final debeuse ao traballo destas alumnas e alumnos e ao de outros dous que deixaron o grupo en decembro: Nicolás e Iago, tamén de 4º de ESO. E aínda Antón, de 1º de ESO, colaborou con pezas de Lego e moitas ideas.
Que bons son os traballos colaborativos! De feito, un dos obxectivos da First Lego League é estimular o traballo de equipa, para alén de promover a criatividade, a ciencia e a tecnoloxía na xuventude.
Parabéns, pois, por tanto traballo e ilusión! Que este logro sexa semente de continuidade.
Parabéns para Ana; sabemos que, por tras disto que noticiamos, existe un labor de moitos días e un traballo intenso.
Ao tempo que deixamos por aquí testemuño fotográfico, aproveitamos para vos informar do recurso que utilizamos parara apresentar fotos nun sitio web, o Fotopeache, que coñecemos, como tantos outros recursos, grazas a este blogue de Antonio Alonso.
IES Ollos Grandes, finalista na First Lego League 09 on PhotoPeach
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
25N. CONCURSO DE POSTERS.
Con motivo da conmemoración do Día contra a violencia de xénero, a Biblioteca organiza u...
-
Con motivo da conmemoración do Día contra a violencia de xénero, a Biblioteca organiza u...
-
O poeta escolle abril De quen fuximos? Quizaves, dime, a cinza non rexeita a garrida mocedade e o sangue? En abril e maio non hai cin...
Sem comentários:
Enviar um comentário