In memoriam  
Xosé-Luís Novo Cazón 
"Na procura da historia e da beleza" 
 (Xosé-Luís Novo Cazón: Tempus das Letras. 2009) 

Sempre o noso guía, seguiremos o itinerario que nos ensinaches

quarta-feira, 18 de março de 2009

Lendo entre liñas

Entre onte e hoxe, xusto en fronte do noso instituto, vimos operarios montando unha exposición que, segundo parece, está patrocinada pola Obra Social de La Caixa; ignoramos quen é responsábel pola organización e non cuestionamos o seu contido, que aínda descoñecemos.
Porén, cuestionamos a mensaxe que lemos nas grandes lonas que a anuncian:

3 comentários:

manuel disse...

Máis que cuestionar a exposición, María, eu creo que directamente a podemos considerar como un desprezo a nosa historia. O de "Nuestra Civilización: Los Íberos" ten tanto sentido como "Nuestros antepasados los Vascones" e nada que ver cos pobos castrexos que habitaron o territorio Galaico pre-romano.

Non dubido da calidade da exposición, que visitarei en canto poda, pero creo que un centro educativo como o noso non pode quedar calado ante unha barbaridade tal chantada nos seus fuciños.

En fin, intentarei tranquilizarme un pouco bebendo un bon vaso de gazpacho ("nuestra bebida de verano").

Maria disse...

Falache, Manuel: certa cultura allea "anósase" por sistema e a nosa ningunéase, alléase, silénciase, ocúltase, desprézase...E o que é pior, herdeiras e herdeiros continuamos calando e, con iso, concordando, traballando para que só fique nos museus, no mellor dos casos!
Grazas polo eco. E bon apetite.

Anónimo disse...

Eu estou dacordo con vós, non poño en dúbida a calidade da exposición, pero si o título porque está claro que a cultura dos Iberos non é a nosa. Do mesmo xeito que nós nunca iriamos a Cataluña, ou calquer outro lugar cunha exposición da Cultura Castrexa poñéndolle o nome de nosa coma súa.
Por outro lado tamén estou sorprendida de que nos sorprendamos porque a estas alturas da película xa deberíamos estar afeito/as ás imposicións culturais e de todo tipo.
María Beiro.