quinta-feira, 2 de abril de 2009

Candido Pazó contou para nós

Hoxe tivemos a fortuna de escoitar as historias do grande Cándido Pazó no salón de actos do instituto.

O espectáculo non deixou indiferente ninguén e só tivo unha eiva: apenas o puido seguir o alumnado de 4º de ESO, por causa das limitacións do aforo; como é pena ficarmos así, cos dentes longos, pedimos a quen asistiu que nos deixe nos comentarios as impresións vividas e a opinión sobre este tipo de actividades. En troca, deixamos estas fotos e prometemos algo máis:

Palabra de Cándido Pazó on PhotoPeach



1 comentário:

Anónimo disse...

Candido Pazó un home polifacético moi serio que nos fixo rir a cachón. Realmente abraiante a súa actuación. Ademais, amablemente deixouse entrevistar por alumnos de 4º de Eso. En maio sairá publicada a entrevista na Revista do IES . Estamos impacientes por lela.

25N. CONCURSO DE POSTERS.

                                                    Con motivo da conmemoración do Día contra a violencia de xénero, a Biblioteca organiza u...