sábado, 30 de maio de 2009

"Respecto para o galego"

Este é o título dunha carta publicada en El Progreso no pasado martes, día 26 deste mes de maio. Sendo da autoría dun aluno de ensino secundario e dada a actual polémica que envolve os usos públicos da nosa lingua, parécenos de interese reproducir aquí o texto da carta. Ao tempo, agradecemos ao seu autor a decisión de facer público o agravio vivido, nestes tempos de manipulacións mediáticas con vontade de confusión.


Respecto para o galego


Quería expresar, como participante na Olimpiada Galega de Química para alumnos da ESO , o meu malestar cós responsables da organización. Tanto nas listas oficiais, como no diploma que entregaron posteriormente, aparezo como Jesús Alejandro López Díaz, cando meu nome é Xesús Alexandre, tal e como reflicte o meu DNI e como consta no rexistro civil de Portomarín, onde son nado. Mándanos poñer o nome e o DNI nos exames e logo fan caso omiso deses datos e poñen o que queren…
Coido que isto non tería acontecido no caso de chamarme Kevin, Jonathan ou Christian. Son galego, falo galego, chámome Xesús Alexandre e teño dereitos. E por riba din que se impón o galego! Por que será que comenzo a sentirme estranxeiro na miña terra?

Xesús Alexandre López.
Portomarín

1 comentário:

manuel disse...

Na mesma liña de dignificación lingüistica, achego esta ligazón ao recente manifesto de ciéntificos galegos do CERN (os do acelerador de partículas de Xenebra) contra os prexuizos linguísticos cara a lingua galega que nos seguen a invadir cargados de irracionalidade.

Fai clic aquí

25N. CONCURSO DE POSTERS.

                                                    Con motivo da conmemoración do Día contra a violencia de xénero, a Biblioteca organiza u...