Cando menos, dous alumnos e unha alumna do noso instituto están seleccionados para participaren na Escola de Verão de Física do Porto, de 30 de agosto a 5 de setembro deste ano 2009; porén, todo o persoal que se candidatou debe combrobar no sitio da Escola se foi ou non seleccionado porque é posíbel que haxa máis alguén, para alén destas tres persoas:
Alberto González Almuíña
Ana Gallego Rodríguez
Javier Valle Regueiro
Parabéns aos tres, que desfrutedes e aprendades moito. Ficamos á espera de que nos deixedes un comentario aquí ou nos enviedes un mail ao enderezo da biblioteca que figura na columna lateral.
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
25N. CONCURSO DE POSTERS.
Con motivo da conmemoración do Día contra a violencia de xénero, a Biblioteca organiza u...
-
Con motivo da conmemoración do Día contra a violencia de xénero, a Biblioteca organiza u...
-
O poeta escolle abril De quen fuximos? Quizaves, dime, a cinza non rexeita a garrida mocedade e o sangue? En abril e maio non hai cin...
1 comentário:
Olá, sou o Xabier
Creo que vou pasar ao galego que é o meu, jaja.
A "Escola de Verão" foi unha experiencia única. Ao final só fomos dous alumnos do noso instituto e outros cinco rapaces de Tui completaban o total de alumnos de Galicia. Había tamén, rapaces doutros países de fala portuguesa como Angola ou Mozambique.
Foi estupendo tamén o trato que recibimos por parte da organización, pero o mellor sen dúbida algunha foron as clases. Se vos gusta a física ou as matemáticas, ou mesmo ver levitar obxectos, facer experimentos con láseres ou moitas outras cousas semellantes, iades gozar moitísimo. Deixo aquí a ligazón dun vídeo que ensina o meu proxecto na escola: http://www.youtube.com/watch?v=qGLhoGWdIdk
Penso que xa teño dito demasiado, así que aquí deixo a miña opinión para que sirva de aliciente para que vos animedes a vivir unha experiencia fantástica.
E xa por útimo, agradecer ao instituto por tentar de atopar sempre este tipo de actividades; así que "muito obrigado".
Enviar um comentário