Por nada é o terceiro documentario do Seminario Galego de Educación para a Paz.
Esta curta apresenta unha ollada diferente sobre a violencia xuvenil (contra a muller) e sobre o ciberacoso; con seguridade encontrarás no filme pasaxes que, lamentabelmente, viviche ou presenciache; quizá vermos Por Nada axude a non silenciarmos a violencia.
A obra foi dirixida por Toni Veiga e Dani de la Torre, sobre un guión do propio Toni Veiga e de Manolo Dios, presidente do Seminario Galego de Educación para a Paz; realizada por Ficción Producciones, recibiu, por unanimidade, o Premio ao Mellor Guión no festival de curtas OctubreCorto, en Pamplona, alén de ser seleccionada no Curtas 09 (Consorcio Audiovisual de Galicia) para distribuición internacional, do premio do xuri no Festival de Cans, premio do público no Festival de Cine de Astorga e do Gran Premio Galicia no Curtocircuito.
Podes pedir o filme na biblioteca ou seguilo aquí.
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
25N. CONCURSO DE POSTERS.
Con motivo da conmemoración do Día contra a violencia de xénero, a Biblioteca organiza u...
-
Con motivo da conmemoración do Día contra a violencia de xénero, a Biblioteca organiza u...
-
O poeta escolle abril De quen fuximos? Quizaves, dime, a cinza non rexeita a garrida mocedade e o sangue? En abril e maio non hai cin...
Sem comentários:
Enviar um comentário