quinta-feira, 19 de novembro de 2009
91 aniversario da "Asemblea Nazonalista" de Lugo das Irmandades da Fala
Nos días 17 e 18 de Novembro de 1918 reuníronse en Lugo as Irmandades da Fala na I Asemblea Nazonalista. Fruto desta reunión foi o Manifesto Nazonalista a que corresponden estas palabras:
"Tendo a Galicia todal-as caracteristicas esenciaes de nazonalidade, nós, nomeámonos, d-oxe pra sempre, nazonalistas galegos, xa que a verba rexonalismo non recolle todal-as aspiraciós nin encerra toda a intensidade dos nosos problemas."
E, para actualizar a nosa memoria e conmemorar o 91 aniversario daquela histórica asemblea, neste sábado, a plataforma cidadá Sei o que nos figestes... nos últimos 525 anos organiza unha tertulia na Cova da Terra, á que non vos lamentaredes de ter asistido: o carácter lúdico está garantido, unha vez coñecidas as personalidades que intervirán.
A organización recomenda que se vaia memorizando este "hino dandy" para ser cantado no acto:
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
25N. CONCURSO DE POSTERS.
Con motivo da conmemoración do Día contra a violencia de xénero, a Biblioteca organiza u...
-
Con motivo da conmemoración do Día contra a violencia de xénero, a Biblioteca organiza u...
-
O poeta escolle abril De quen fuximos? Quizaves, dime, a cinza non rexeita a garrida mocedade e o sangue? En abril e maio non hai cin...
Sem comentários:
Enviar um comentário