Ás 20 h do xoves 10 de decembro no Círculo das Artes de Lugo, a Asociación de Escritores en Lingua Galega organiza unha homenaxe ao gran poeta chairego Manuel María. O acto consistirá nun recitado de poemas a cargo de Santiago Fernández e Isidro Novo. Ademais, representarase a obra Aventuras e desventuras dunha espiña de toxo chamada Berenguela, peza dramática de Manuel María, musicada por Nani García e interpretada pola actriz María Inés Cuadrado e o cuarteto de clarinetistas "Xerión".
A entrada é gratuita e as emocións están aseguradas.
Poemas musicados de Manuel Maria, aquí
Sem comentários:
Enviar um comentário