sexta-feira, 15 de janeiro de 2010

Esta lingua non quere vivir na favela



Esta lingua non quere vivir na favela
porque é lingua lume, lanterna e faro
que nos mantén vivos no ceo, dende o tempo dos avós.

Esta lingua non quere ser suburbio
porque ten unha historia inmensa de séculos luminosos
na parte de atrás
incluso
no sotaque inevitable dos corazóns resentidos que odian a nosa tribo.

Esta lingua non quere habitar nunha cidade estraña
porque está feita á man cos alicerces mansos da xente boa
na que aniñou humilde cando era o tempo dos lobos
as mesmas feras que agora volven
famentas de vinganza
dende o máis escuro das súas escuras covas.

Esta lingua quere ser música
acubillo, calma mol, circunstancia feliz.

Poderedes metela na favela
condeala ao suburbio
obrigala a residir nunha cidade estraña.
Tanto ten.
Ela foi.
Ela é.
Ela será


Francisco Castro





Sem comentários:

25N. CONCURSO DE POSTERS.

                                                    Con motivo da conmemoración do Día contra a violencia de xénero, a Biblioteca organiza u...