Sanmas san Super Karakuri Terebi é un programa-concurso de cancións emitido por unha televesión nipónica da cidade de Akihabara e que seguen habitualmente uns 10 millóns de persoas. Nese concurso participou, competindo con 300 nipóns, o vigués Amir Reza Najjari Garcia(fillo de galega e iraniano) e acabou sendo o vencedor.
Non, Amir García non cantou só en xaponés; deliciou o numeroso público cantando en galego: interpretou alguns temas de coñecidas series anime como Dragon Ball, Comando G ou Mazinger Z.
A noticia levounos a saber, tamén, que este vigués é un apaixonado da cultura do Xapón e alí, entre outras, desenvolve actividades vinculadas ao manga: é relacións públicas da revista HobbyJapan e recentemente creou un sitio web sobre Xapón e o manga que, por súas palabras, "pretende converterse nunha ponte cultural e medio de encontro e difusión para todos aqueles interesados na cultura nipona e que queiran saber algo máis do habitual".
(A actuación de Amir Garcia comeza no minuto 1.46)
Para quen gostar de manga, anime... tamén chegamos a este blogue con radio on line, músicas e noticias de interese.
Fonte inicial
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
25N. CONCURSO DE POSTERS.
Con motivo da conmemoración do Día contra a violencia de xénero, a Biblioteca organiza u...
-
Con motivo da conmemoración do Día contra a violencia de xénero, a Biblioteca organiza u...
-
O poeta escolle abril De quen fuximos? Quizaves, dime, a cinza non rexeita a garrida mocedade e o sangue? En abril e maio non hai cin...
Sem comentários:
Enviar um comentário