terça-feira, 16 de fevereiro de 2010

No Rio, Carnaval tamén literario

Non é novidade afirmar que unha das mellores festas do Carnaval é a que se celebra no Rio de Janeiro.
As Escolas de Samba traballan o ano enteiro para ofereceren, nestas datas, un grande espectáculo no sambódromo. a escola Académicos do Salgueiro, vixente campeoa (até ao fallo do concurso deste ano que será público mañá), escolleu a literatura como unha das temáticas da súa exhibición: os sete carros alegóricos que desfilaron escenificaron historias literarias mundiais, desde a fundación da imprenta e os contos de fadas a ficcións actuais, coa presenza de Harry Potter, clásicos da literatura como Os Lusíadas ou Alicia no País das Marabillas,  o Capitán Nemo... , sendo este o seu lema:

"Dos diversos instrumentos do homem, o mais assombroso é, sem dúvida, o livro. Os demais são extensão do seu corpo... mas o livro é outra coisa, o livro é uma extensão da memória e da imaginação"

(Jorge Luís Borges)

Sem comentários:

25N. CONCURSO DE POSTERS.

                                                    Con motivo da conmemoración do Día contra a violencia de xénero, a Biblioteca organiza u...