
O xoves día 18 de febreiro ás 20h no salón de actos da Deputación de Lugo terá lugar a presentación do libro "Os instrumentos musicais na tradición galega" de Pablo Carpintero con deseños de Xoán Ramón Marín, froito do traballo do proxecto Ronsel.
O proxecto Ronsel xurde da colaboración entre as Consellarías de Cultura e Deporte, Innovación e Industria e a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER) da Xunta de Galicia e as Universidades da Coruña, Santiago de Compostela e Vigo. As tres guías fundamentais deste proxecto, a desenvolver en cinco anos, son a realización do inventario, a salvagarda e a posta en valor do Patrimonio Cultural Inmaterial (PCI) de Galicia.
No acto participará Iván Area, Vicerreitor de Relacións Institucionais da Universidade de Vigo, de quen somos seguidores no noso blogue.
2 comentários:
Un luxo de libro e un luxo de concerto. O ano pasado puidémolo comprobar no noso instituto. Imprescindíbel
Grazas pola visita e pola información.
Saúdos
Enviar um comentário