segunda-feira, 22 de fevereiro de 2010

Prémio ao esforzo: Rosa M. Barbosa

Parabéns, Rosa!
Rosa Manuela Barbosa Bessa é alumna de 1º de bacharelato; a Consellería de Educación acaba de a distinguir -con outros vinte alumnas e alumnos da Galiza- con un premio ao esforzo e superación que se outorga a alumnado de secundario.
Procedente do Porto, tivo que se adaptar a un sistema de ensino un bocado diferente, vehiculado maioritariamente nunha lingua diferente á súa, apesar de que a lingua galega podía ter sido para ela unha magnífica vía de integración.

É máis numeroso cada ano o alumnado que chega ao ensino secundario galego procedente de países lusófonos; a lingua que nos deberia unir tórnase, con frecuencia, nunha pexa na súa adaptación escolar -que non social-, isto é, este alumnado, que ten como materna unha lingua depurada de castellanismos,  debe  aprender, para alén do castellano, a norma da lingua galega que se considera oficial; isto acarreta unha confusión tal que fai con que esquezan a ortografía da súa própria lingua, ralenticen o aprendizado do castellano e carezan de método e clareza para asimilar unha outra modalidade de escrita que é unha mistura da propria e da castellana.
Mais esta situación non se contempla desde a Consellería; é máis, nos centros en que existe a materia de Lingua Portuguesa, ao non ser oferecida como primeira lingua "estanxeira" e si como optativa, por veces, se un alumno se incorpora a un curso que exige ter cursada a tal optativa no ano anterior, tampouco pode estudar e manter o portugués.
E non falamos hoxe do caso do alumnado procedente de outros países, con maiores problemas para se integrar.
Enfin, que fomos derivando do que dicíamos no inicio, porque é algo que nos ten acontecido no centro e nos preocupa. Rosa si estuda portugués e, recentemente, comentaba que algo co que se sentiu chocada cando chegou foi coa educación, por mellor dicir, coas carencias na educación cidadá: co modo de falar alto, a falta de respeito... As relacións interculturais oferecen sempre moitas posibilidades de aprendermos uns dos outros e non deberíamos desaproveitalas.
Moita força para ti, Rosa e, contigo, para Rafael, para Marcelo; para Filipe, Diana, Carla e para todas aquelas persoas que loitan en similar situación.
Máis información, aquí, de onde procede a fotografía.

5 comentários:

MariaG disse...

É bem certo que em casos como o de Rosa ganhar um prémio deste tipo tem um valor acrescentado!
Muitos parabéns Rosa!! Continua assi!

Maria disse...

Obrigados, MariaG, pela visita e pelo comentário.

manuel disse...

Parabens Rosa, e muita força para continuares assim nos teus estudos de bacharelato.

manuel disse...

Além de lhe dar os parabéns à Rosa, concordo coas reflexões da Maria sobre os alunos chegados à Galiza de paises lusófonos. Acho que não faz sentido avaliar uma competencia lingüística em lingua galega em vez de valorizar e rendibilizar educativamente o que para nós supõe o tesouro que trazem.

Rosa I. Pérez Parapar disse...

Rosa, me perdí esta noticia en su día porque estaba ocupada con problemas personales pero, aunque a destiempo, quiero felicitarte -a tí y a tu madre, que sé que algo ha tenido que ver.
un abrazo
Rosa

25N. CONCURSO DE POSTERS.

                                                    Con motivo da conmemoración do Día contra a violencia de xénero, a Biblioteca organiza u...