Antonte, 10 de febreiro de 10,25 a 11,15 a escritora Rosa Aneiros visitou aos alumnos de 4º de ESO do instituto co motivo da lectura, por parte dalgúns deles, de Ás de bolboreta.
Segundo nos informa o profesor Luís Castro, neste encontro, a narradora empezou lendo un texto da novela. Logo explicou o concepto de ficción no cinema e na novela para contestar á pregunta de se tiñan relación os temas da novela coas noticias que aparecían nos medios de comunicación. Isto último foino exemplificando a través da interpelación continua aos alumnos sobre temas da actualidade, como a chegada das pateras, ou como unha persoa le a sección de internacional da prensa porque é o que a preocupa ao ter un fillo no exécito en Darfur en misión humanitaria ou as noticias que os xornais publican os luns sobre as mortes en accidentes as fins de semana. A noticias deste tipo, dicía, ela foille poñendo unha cara e facendo que estes personaxes apareceran no bar Luzada e así se foran constituíndo os protagonistas das distintas historias. Terminou a sesión cunha explicación da numeración dos capítulos: uns van precedidos do 0 indicando o presente e outros van introducidos con número positivos ou negativos segundo se refiran ao pasado ou ao futuro.
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
25N. CONCURSO DE POSTERS.
Con motivo da conmemoración do Día contra a violencia de xénero, a Biblioteca organiza u...
-
Con motivo da conmemoración do Día contra a violencia de xénero, a Biblioteca organiza u...
-
O poeta escolle abril De quen fuximos? Quizaves, dime, a cinza non rexeita a garrida mocedade e o sangue? En abril e maio non hai cin...
Sem comentários:
Enviar um comentário