A biblioteca viveu unha actividade extraordinaria: diferentes departamentos implicaron o alumnado para traballar con xornais e revistas de economía en diferentes linguas e con obxectivos diferentes.
Para alén das actividades de aula-biblioteca, o alumnado asistiu a unha charla de José Mª Álvarez Vilabrille, ao que lle damos a grazas por estar aquí xa que sabemos que, ademais de ter unha axenda apertada, desprazouse a propósito desde Santiago para estar neste acto.
Vilabrille é licenciado en Ciencias da Información pola Universidade Complutense e ten estudios de Dereito pola Universidade de Educación a Distancia (UNED). Entrou no diario El Progreso de Lugo como xornalista en prácticas e, tras unha primeira etapa como redactor de base, asumiu consecutivamente as xefaturas de sección de Galicia, Nacional e Peche. Posteriormente, foi nomeado redactor xefe, ao cargo das áreas de Local e Comarcas. Actualmente é director da Agencia Gallega de Noticias que é a única axencia de noticias de capital integramente galego da que é socio maioritario o grupo “El Progreso”. Tamén é director do primeiro xornal de economía galego NOVA + .
Aqui queda unha crónica fotográfica da semana:
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
25N. CONCURSO DE POSTERS.
Con motivo da conmemoración do Día contra a violencia de xénero, a Biblioteca organiza u...
-
Con motivo da conmemoración do Día contra a violencia de xénero, a Biblioteca organiza u...
-
O poeta escolle abril De quen fuximos? Quizaves, dime, a cinza non rexeita a garrida mocedade e o sangue? En abril e maio non hai cin...
Sem comentários:
Enviar um comentário