Parabéns, Luís! Sentimos orgullo polo teu magnífico traballo e pola túa actitude.
E, de algunha forma, parabéns tamén para a profesora Mavisa, con certeza emocionada ao ver tan grande aquel actor que ela iniciou.
E se ainda non vistes a Celda 211, non a vaiades deixar pasar.
Luis Tosar, Goya al Mejor Actor
6 comentários:
Millóns de Parabéns para Luis Tosar por moitas razóns:
- Por ser ex-alumno.
- Por lugués.
- Por guapo.
- Por ser un mestre da actuación.
- Por bordar MalaMadre.
- Por facer máis pola lingua galega nuns poucos segundos do que poderán facer nunca algúns políticos acomplexados.
E parabéns para Mavisa que seguro que o disfruta case como se llo deran a ela.
Unha pasada de actor, de papel... e de lingüista! Iso chámase, como era? o galego para que serve? PARA COMUNICARSE!!!
Saúdos
Feijó, que estaba na cerimonia, disque ficou triste...Tosar non falou en inglés.
Grazas polos vosos comentarios.
Bjs
Saúdos e parabéns dende Loranca. Luis Tosar era un actor de lujo ya antes de MalaMadre y de este Goya. Y los actores así enorgullecen a cualquiera que ame el cine, el teatro, el arte en general y, sobre todo, el trabajo bien hecho. Quiero decir que Luis Tosar es un poco de todos y que todos nos felicitamos por su éxito.
No dejéis que muera esa hermosa lengua que, además de servir para comunicarse, ha sido durante siglos la lengua de la poesía.
Apertas.
Moitas grazas Biblos polo comentario e pola visita.
Con efeito, Luís Tosar era grande antes de Malamadre; creo, mesmo, que outros papeis lle permitiron demostralo mellor.
Vai ser difícil que acaben con esta lingua que usamos, en diferentes falas, 200 millóns de persoas no mundo.
Un abrazo
Parabéns Luis, parabéns e grazas.
Profunda emoción escoitarte na Nosa Lingua.
Parabéns tamén para Mavisa.
Teresa
Enviar um comentário