Amador e Daniel
Erguéstesvos cedo
Erguéstesvos cedo
aquel día
- a costume do
do traballo -
mañá cediño
pra facernos
coa vosa
morte.
(Uxío Novoneyra, 1972)- a costume do
do traballo -
mañá cediño
pra facernos
coa vosa
morte.
10 de Marzo de 1972: dous traballadores da Empresa Bazán, Amador Rei e Daniel Niebla, que se manifestaban polos seus dereitos, foron asasinados pola policía da ditadura franquista. Esta data de 10 de marzo ficou marcada como o Día da Clase Obreira Galega.
A importancia da conmemoración fixo que o Parlamento Galego, a instancias do sindicato de Comisións Obreiras da Galiza, aprobase, por unanimidade, en 5 de Marzo de 1997 unha Declaración Institucional sobre o 10 de Marzo en que se recoñeceu o seu significado histórico.
Dos numerosos poemas creados con este motivo, escollemos hoxe Amador e Daniel de Uxío Novoneyra por ser este poeta o celebrado nas Letras Galegas deste ano; agradecemos a suxestión da seguidora MariaG.
Sem comentários:
Enviar um comentário