In memoriam  
Xosé-Luís Novo Cazón 
"Na procura da historia e da beleza" 
 (Xosé-Luís Novo Cazón: Tempus das Letras. 2009) 

Sempre o noso guía, seguiremos o itinerario que nos ensinaches

quarta-feira, 17 de março de 2010

I CERTAME DE NARRATIVA XUVENIL "ENTRE IGUAIS"


Co obxecto de promover o valor da igualdade entre mulleres e homes, o Concello de Lugo convoca o I Certame de Narrativa Xuvenil "Entre iguais" para menores de edades comprendidas entre os 12 e os 17 anos.
Os traballos, escritos en lingua galega, serán de tema libre pero baseado na igualdade de oportunidades entre mulleres e homes. A extensión máxima será de tres folios, e presentaranse por triplicado; enviaranse sen remite e, baixo lema, indicando no sobre "I Certame de Narrativa Xuvenil"Entre Iguais"". Nun sobre pechado e baixo o mesmo lema indicaranse o nome e apelidos, enderezo,idade e teléfono da autora ou do autor.
Cada participante poderá presentar un máximo de tres traballos.
Presentación: Os traballos serán enviados á:
Casa da Muller
Avda. da Coruña 212 (Parque da Milagrosa)
2703 Lugo
Ata o 18 de maio de 2010
Premios:
1º: Diploma e premio valorado en 300€
2º: Diploma e premio valorado en 200€
3º: Diploma e premio valorado en 100€
Para solicitar as bases ou máis información, na Casa da Muller

Sem comentários: