In memoriam  
Xosé-Luís Novo Cazón 
"Na procura da historia e da beleza" 
 (Xosé-Luís Novo Cazón: Tempus das Letras. 2009) 

Sempre o noso guía, seguiremos o itinerario que nos ensinaches

terça-feira, 16 de março de 2010

"Este é un tiro no pé"

 Hoxe en Vieiros:

Carlos Salgado: Física e Matemáticas tamén en galego
"Para entrar directamente no tema: cal é o esquema mental de quen pensa que non se pode ensinar Fisica e Matematicas en galego? Por que no decreto do galego son estas as asignaturas que hai que dar en castelán? E sobre todo: por que o castelán é máis adecuado?? Doulle voltas a cabeza e non lle atopo resposta. A dificultade das materias máis abstractas non está na lingua que se utiliza para transmitilas, senon nas técnicas, nas capacidades e nos medios de quen as imparte. Un teorema é o mesmo obxecto matemático e require das mesmas destrezas mentais en todas as linguas do mundo. As leis do electromagnetismo tamén.
Somos moitos os que tratamos de dar normalidade ao uso do galego na ciencia: se fixen a miña tese doutoral (en Física de Partículas) en galego non é por reivindicar nada, é por normalidade; se dou clases na Facultade de Fisica en galego é tamén por normalidade; se discuto cos meus colaboradores da nosa investigación en galego (ou inglés, ou francés, ou español ou italiano) é só por normalidade! Que anormalidade é a de decidir que o galego non é para as Matemáticas ou a Física? Por que xusto estas materias?

No fondo, este esquema mental ten moito de provinciano e despreciativo das propias capacidades. Quen pensa que a Física ou as Matemáticas non se poden ensinar en galego está pensando tamén que un galego non pode aportar nada a esas disciplinas científicas. É similar ao esquema mental imperante, aínda que cada vez menos, no mundo anglosaxón de desprezo polas capacidades científicas dos países latinos, en particular. E é deprimente que este sexa o esquema mental dos responsables da política educativa (e tamén, en parte da científica) deste país. A ciencia transmitese actualmente en inglés (non en español, por certo) mais a capacidade creativa non ten fronteiras idiomáticas. A normalidade no ensino da Física e das Matemáticas, dúas materias con moitas eivas, vai exactamente na dirección contraria. Este é un tiro no pé."

1 comentário:

MariaG disse...

Efectivamente...
Um passo à frente e dous cara atrás... Este parece que é o círculo ao que estamos condenadas/os; condenadas/os ao analfabetismo de por vida, porque hai que ser analfabeto para seguir com isto.
o seguinte passo qual é? reeditar as enciclopédias "Álvarez"??