sábado, 1 de maio de 2010

Paula Carballeira. Impresións

Chegounos este comentario acerca do encontro con Paula Carballeira. Pola cantidade e cualidade do escrito, pola emocón que transmite, consideramos que debía estar aquí. Grazas, Tamara; grazas, Esther.

Nunca coñecera unha rapaza coma ela: alegre, simpática, aberta…
Só necesitamos uns minutos para comprender como era. Non facía máis que sorrirnos, tratábanos coma se nos coñecese de toda a vida, era coma estar con alguén co que tes moita confianza.
É unha persoa admirable, tanto pola súa forma de ser, coma polo seu traballo. Ademais de ser unha moi boa escritora, é actriz de televisión, e ata traballa nunha compañía de teatro!
Eu penso que naceu para ser escritora, sabe expresarse perfectamente,ten unha imaxinación desbordante e ademais é coma se as palabras lle saísen soas da boca, coma se tivesen vida propia! Fíxonos imaxinar historias incríbeis unicamente falando. Ten un don! Cando nos contaba algunha historia, facíanos sentir que formabamos parte da historia, que estabamos na pel dos personaxes; fíxonos sentir que a historia era real.
A actuación tamén é unha das súas moitas habilidades, é capaz de interpretar calquera sentimento ou emoción: alegría, pena, rabia, tristura… Cando ela interpreta fainos crer que todo o que di é certo porque, como ela nos dixo: “Para facer o que eu fago hai que saber mentir, pero mentir ben”.
Tiven conferencias con máis escritores pero con diferenza, coñecer a Paula foi a mellor de todas, fíxonos chorar da risa, berrar de medo, rir ás gargalladas...
Persoalmente, penso que nos fixo pasar un anaco moi divertido, e creo que todos os que estivemos con ela levamos un bo recordo dela e unha amiga para sempre.

Tamara Pérez Castro 3ºB
Fonte da imaxe

1 comentário:

manuel disse...

Parabéns a Tamara por ese comentario que tan ben describe eses momentos que pasamos con Paula Carballeira.

É unha pena que non a puidera disfrutar todo o alumnado, mais, con certeza, haberá outra ocasión.

25N. CONCURSO DE POSTERS.

                                                    Con motivo da conmemoración do Día contra a violencia de xénero, a Biblioteca organiza u...