quarta-feira, 28 de abril de 2010

Eu quero ser...

...como Paula Carballeira.

Onte, 27 de abril, o alumnado do Clube de Lectura Ollos Grandes e algúns cursos de 3º de ESO asistiron a un encontro coa escritora, actriz e contacontos Paula Carballeira.

Falounos de historias de medo, de lobos, fantamas, zombis...do seu último libro O Lobishome de Candeán e mesmo nos contou algunha historia que nos fixo dar un pulo nas nosas cadeiras e soltar algún berro co susto. Tamén rimos ás gargalladas cos seus contos e anécdotas, a súa expresividade, e a súa capacidade para conectar co público.

Finalmente, respondeu  todas as preguntas que se lle fixeron sobre o libro, sobre o seu traballo como actriz e sobre a súa vida en xeral, aspectos que espertaron moito interese entre o alumnado... tanto, que sospeito que algún (ou máis ben algunha), ao remate da conferencia, xa decidira que quería ser actriz ou contacontos..., como podedes ver, conseguiu engaiolarnos!
Esther Rodríguez García

Paula Carballeira on PhotoPeach

1 comentário:

Ronsel disse...

Logo de estar aí estivo connosco. É magnífica, sen dúbida.
Aínda non tiven tempo de colgalo no blogue, a ver se mañá...
Saúdos

25N. CONCURSO DE POSTERS.

                                                    Con motivo da conmemoración do Día contra a violencia de xénero, a Biblioteca organiza u...