O proxecto, segundo podemos saber na páxina de Galauda, pretende
- Fomentar nos adolescentes o respecto ás linguas e ás culturas, a partir das que forman parte da sociedade na que viven.
- Defender a diversidade lingüística e cultural, de xeito que as estudantes e os estudantes de secundaria perciban esta diversidade como un ben imprescindible na formación dunha sociedade cohesionada e flexible ao tempo.
Deles, para nós teñen un significado especial o IES Margarida Xirgu, de L'Hospitalet de Llobregat (Barcelona) e o IES Sant Just Desvern (Barcelona), o seu alumnado de lingua galega, as profesoras Charo Teixeiro e Celsa Nogueira e a directora do proxecto, Sabela Labraña, profesora de Filoloxia Galega da Universitat de Barcelona.
Por iniciativa e contactos de Teresa Vila (grazas, Isabel), na semana pasada, visitáronnos. Partillamos lingua e, por/coa lingua, partillamos poemas, narracións, cancións, conversas: emocións. O alumnado catalán, que cursa 2º e 3º de ESO, foi acollido polo noso alumnado de 2º de ESO, alegres anfitrións que mostraron o centro aos visitantes, compartiron xogos tradicionais no pavillón, para alén de participaren no acto central que nos reuniu no salón de actos.
A continuación, deixamos algún testemuño gráfico do día. En primeiro lugar, unha reprodución de Pas per Lugo de Josep Plá, que escoitamos en catalán e galego na voz do alumnado catalán (o libro en que se inclúe, Direcció Lisboa, foi un presente que xa temos na biblio) e, en segundo lugar, unha reportaxe fotográfica. As fotos que acompañan este texto reproducen algunha das colaboracións con Para que les?
Moitísimas grazas e até breve!
Sem comentários:
Enviar um comentário