quinta-feira, 3 de junho de 2010

Azos contra o decretazo

A Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística analisa as consecuencias inmediatas do Decreto de Plurilingüismo aprobado pola Xunta de Galiza:

DECRETO
View more documents from Bergantera.

Nesta sección do sitio web da Coordinadora, pódense ler numerosas manifestacións de personalidades galegas que senten orgullo de o seren; quizá, léndoas, consigas ter máis claras as ideas. Deixamos aquí as palabras de unha das nosas contadoras preferidas,  Paula Carballeira:


Si, son unha orgullosa. Xa teño idade para iso.
Orgullosa de ser quen son, de todo o que teño, dos dentes grandes, dentes tortos, do nariz de pataca, dos lunares, das verrugas, da panciña mol, das pernas rechonchas, das canas, do pelo crecho.
Orgullosa do que teño feito, do pracer e da dor, dos acertos, dos fracasos, da frustración, dos namoramentos e desnamoramentos, dos encontros e desencontros, das amizades, de quen me quere e eu quero, de quen non me quere e eu non quero.
Orgullosa da miña familia, nin rica nin pobre, nin extraordinaria nin ordinaria, cun pai e unha nai xenerosos que me aprenden o que eles aprenderon.
Orgullosa de vir de onde veño, dun lugar concreto, dunha cultura que me responde á pregunta de quen son e dunha lingua que lle pon palabras aos meus sentimentos.
Orgullosa de ter sempre as orellas limpas e os ollos abertos, para intentar que nada se me escape, para aprender a escoitar, a ver o que está lonxe e o que está perto.
Orgullosa, en fin, de ser igual e diferente dentro dun mundo grande nun universo inmenso, dun continente grande nun mundo inmenso, dunha terra pequena nun continente grande, nun mundo enorme, nun universo inmenso.

Sem comentários:

25N. CONCURSO DE POSTERS.

                                                    Con motivo da conmemoración do Día contra a violencia de xénero, a Biblioteca organiza u...