terça-feira, 1 de junho de 2010

Xosé Díaz Fuentes

Quizá moitas persoas coñezan obras súas sen saberen a autoría; e é precisamente a obra do sarriao X. Díaz Fuentes o magnífico legado que fica connosco para sempre, agora que el acaba de falecer.
É un deses galegos universais, descoñecido na terra propia. Grande escultor en pedra e madeira e creador de espazos urbanos, Díaz Fuentes residía a maior parte do ano en París, sen se esquecer da Galiza e de Sarria, a onde trouxo en varias ocasións o Salón de Outono (Salon d'Automne) que, anualmente, temos no Grand Palais de Paris.

E, a mellor homenaxe que lle podemos brindar é coñecermos a súa obra, algunha, moi próxima.

 Medusa. Lugo
                                        Estrada Sarria-Monforte









Homenaxe a Valle. Santiago



Sem comentários:

Concurso de carteis

A Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Inovación Educativa e a Secretaría Xeral de Igualdade convocan o concurso para...