terça-feira, 26 de outubro de 2010

Lin e recomendo (I)

Acabando este mes de outubro, internacionalmente declarado  Mes da Biblioteca Escolar, iniciamos a sección  Lin e Recomendo para a que esperamos numerosos contributos: é tan fácil como enviar un correo-e para o enderezo da biblioteca (na columna lateral) co texto que se desexe publicar ou entregando a recomendación ao profesorado da biblioteca. Sendo por correo-e, indica no "asunto"  o título desta sección.
O punto de partida debémolo a unha lectora excepcional, Xela Lodeiro. Comezamos hoxe por esta primeira suxestión (haberá máis):

El último Catón (Matilde Asensi): Este libro trata da investigación de un cadáver encontrado con unha extraña simboloxía por todo o corpo, o que levará a Ottavia, a protagonista,  a unha serie de probas para desvelar un enorme segredo.
Esta novela gustoume porque é moi entretida, por manter o misterio até ao final, por todos os símbolos e  mensaxes ocultas e porque engancha desde o principio.

Das linguas estudadas no noso centro, para alén da orixinal, podes ler esta novela en alemán, inglés e portugués.

Moitas grazas, Xela

Sem comentários:

25N. CONCURSO DE POSTERS.

                                                    Con motivo da conmemoración do Día contra a violencia de xénero, a Biblioteca organiza u...