segunda-feira, 25 de outubro de 2010




HAITÍ

O mércores visitou o noso centro, Consuelo, unha misioneira que leva dez anos en Haití. Estivo con distintos grupos de alumnos ós que lles contou a historia dese pobo e a situación actual. Daba as grazas pola axuda recibida, dicía que todos: personas, organizacións, organismos internacionais e institucións vironse superados pola magnitude dos acontecementos.
Entre outras leccións, a situación de Haití, debería axudarnos a aprender a ser solidarios de verdade. Despois dun primero momento de urxencia, é importante facer un diagnóstico da situación desde e cos propios afectados e non quedar nun puro asistencialismo. É necesario potenciar as súas posibilidades, capacidades, enerxías e escasos recursos propios.
As donacións deben ser complemento, nunca substitutivo ou sucedáneo. Dice Saint Exupery A Cidadela": "se queres facer irmáns, axúdaos a construír unha torre, pero se os queres facer inimigos, tíralles un pouco de gran".
Contaba que, pasada a etapa de emerxencias, na que era necesario axudar á xente a saír de debaixo dos escombros, a facer fronte ás necesidades perentorias, agora toca superar a fraxilidade para que xurda un pobo organizado, suxeito do seu destino, que asuma e afronta, co apoio necesario de todos, a propia realidade. Dicía que non podemos permitir que Haití deixe de ser noticia e anímaba a alimentar o espirito de fraternidade universal que hai en cada un de nós.
Daba as grazas por tantas mostras de solidariedade co pobo haitiano e tamén decía que se os misioneiros estaban alí tamén era porque outros desde distintas partes do mundo sempre se acordaban deles.

Sem comentários:

25N. CONCURSO DE POSTERS.

                                                    Con motivo da conmemoración do Día contra a violencia de xénero, a Biblioteca organiza u...