sexta-feira, 22 de outubro de 2010

Samain, Halloween, Santos, Ano Novo Celta 2010. Participa!!!

Máis outro ano, estamos chegando á data dunha festa que celebramos desde tempos antigos: o Samain.
Esta palabra, de orixe irlandesa e que debemos ler [sáun], denomina unha celebración ancestral que aínda se mantén en moitos lugares da Galiza; é coñecida popularmente por Santos e, globalizadoramente, por Hallowenn.
A festividade celébrase na noite de 31 de outubro para 1 de novembro e representaba, para os pobos celtas, o inicio dun novo ano.

Con motivo da efeméride, desde a biblioteca chamamos a toda a Comunidade Educativa e, por segundo ano, convocamos un concurso-exposición-degustación de acordo aos puntos que seguen:


1. As participacións que inclúan texto poderán realizarse en calquera das linguas vivas que se estudan neste instituto: galego, castellano, alemán, francés, inglés ou portugués.

2. Categorías.Tipos de participación :

* Cabazas adornadas

* Posters alusivos á festividade

* Pasteis e doces feitos con castañas ou cabaza.

* Poemas alusivos á celebración

* Móbiles colgantes con motivos propios de Hallowenn/Samain

3. Datas e lugar de entrega de materiais participantes: até o 29 de outubro, na biblioteca

4. Exhibición: De 29 de outubro a 11 de novembro, Dia dos Magostos

5. Premios: sorpresa!

6. Entrega de premios: Martes, 12 de novembro, ás 11.15 na biblioteca

A participación está aberta a toda a Comunidade Educativa, aínda que os premios só serán atribuídos ao alumnado.

Non deixes de participar!

Sem comentários:

25N. CONCURSO DE POSTERS.

                                                    Con motivo da conmemoración do Día contra a violencia de xénero, a Biblioteca organiza u...