sexta-feira, 17 de dezembro de 2010

Semana contra a violencia de xénero

Variados actos reivindicaron o cese da violencia de xénero no IES Nosa Señora dos Ollos Grandes o día 25 de Novembro. Plantouse unha árbore da vida, ginkgo biloba, en colaboración co IES Lucus Augusti , participando o alumnado de 1º e 2º da ESO. Este mesmo día, o ciclo de Educación Física coa súa profesora Carmela Mendo  repartiron lazos e lembraron as tres irmás Mirabal (feministas e integrantes dun grupo de oposición ao ditador dominicano Trujillo), vítimas da violencia de xénero, coa elaboración plástica de grandes e fermosas bolboretas.

Por outro lado, a profesora de Lingua Galega Sara Sánchez  presidiu o acto de cine-forum para o alumnado de 4º da ESO. O filme proxectado foi  Quero ser como Beckham.
E, falando de cine, na biblioteca tamén se proxectou a curta Sara filme realizado integramente por alumnado do Colexio Fingoi, con grande afluencia de público. 
O Equipo da Biblioteca (Aurelia Vázquez, Mateo Mendaña, María José Pinheiro, Luís Doval, Pedro Varela, Juan Carlos Mourelos, orientados pola coordenadora Áurea Penas), xunto co profesorado de garda de Biblioteca  colaboraron realizando obradoiros durante a semana, dirixidas a todos os alumnos e alumnas de 1º e 2º ESO. O tema escollido foi a Igualdade. O material, para esta moi gratificante actividade pola resposta do alumnado, foi facilitado polo Departamento de Orientación, que dirixe Elisa Díaz.
Os traballos de Fernando Cembranos sobre a orixe da violencia e, fundamentalmente, o traballo fin de máster de Carmen Cantillo sobre as películas de Disney serviron de base para estes obradoiros
Branca de Neve non voltará ser o mesmo!
 Un fío de unión das diferentes actividades marcouno unha exposición de libros, músicas e filmes  relacionados coa reivindicación da semana -e de todos os días- que permaneceu varias até hai pouco no corredor do 1º andar.
A nosa noraboa e agradecemento para todas as persoas participantes nesta estupenda iniciativa.

Sem comentários:

25N. CONCURSO DE POSTERS.

                                                    Con motivo da conmemoración do Día contra a violencia de xénero, a Biblioteca organiza u...