O
Departamento de Física e Astronomia da Faculdade de Ciências da Universidade do Porto vai, a semellanza dos anos pasados, promover unha
Escola de Verão de Física para estudantes de 4º de ESO e 2º de Bacharelato.

É unha oportunidade única para que os alumnado interesado en Física e/ou Matemáticas se deixe levar pola curiosidade e a creatividade, aprofundando en temas fundamentais,como o da orixe do universo, as últimas novidades tecnolóxicas, telecomunicacións, aplicações da Física á Medicina, etc.
Neste ano, escollerán 90 persoas para participaren en actividades diversas; especial dedicación vai ter o desenvolvemento dun pequeno proxecto científico, coas fases de aprendizaxe e pesquisa, execución experimental e computacional, apresentación e discusión.
 |
En primeira fila, Ana e Xavier na edición de hai dous anos |
Cada participante poderá aínda visitar os Centros de Investigación do Departamento de Física, podendo contactaren directamente con investigadores e alumnado de doutoramento. Paralelamente, haberá os mini-cursos "Teoria da Relatividade" e "Da Mecânica Quântica às Nanotecnologias", así como varias charlas de divulgación científica.
A
Escola de Física está convocada para a semana que media entre o 28 de agosto e o 2 de setembro. O
prazo para apresentar as solicitudes de participación acaban o día
31 de maio;
aquí encontrarás toda a información do que necesitas para te inscribires.
Ni sitio da internet da
Escola de Física podes encontrar informacións, fotos, filmes nas edicións anteriores, en que participou
alunado deste centro, con alta satisfación.
Sem comentários:
Enviar um comentário