Parece que as diferentes administracións que regulan a vida académica non camiñan na mesma dirección:É sabido que neste curso académico, a docencia das Matemáticas, segundo ditame da Xunta de Galiza, debe ser feita en castellano; porén, o Ministerio de Educación (MEC) acaba de disponibilizar un magnífico material para o estudo da disciplina, neste caso, en lingua galega. Son 60 unidades didácticas que abranxen a programación do Ensino Secundario Obrigatorio.
Alégranos a ausencia de prexuízos lingüísticos, en relación á materia referida, do MEC.Aquí pode consultarse un informe sobre os materiais e aquí accédese aos recursos.
Fonte


Sem comentários:
Enviar um comentário