In memoriam  
Xosé-Luís Novo Cazón 
"Na procura da historia e da beleza" 
 (Xosé-Luís Novo Cazón: Tempus das Letras. 2009) 

Sempre o noso guía, seguiremos o itinerario que nos ensinaches

segunda-feira, 4 de abril de 2011

Tourettes

Talvez teñamos alguén ao noso lado, talvez etiquetemos esa persoa, no mínimo, como estraña; mesmo se pode chegar a incorrer na marxinación, no desprezo, na descualificación...

Para coñecermos (mellor) as persoas que  están afectadas pola síndrome de Tourette, manifestada  especialmente na xuventude, e actuarmos considerando as razóns do seu proceder, deixamos esta curtametraxe da Canle 4, realizada por alumnado  do Ciclo de Produción de Audiovisuais, Radio e Espectáculos do CIFP A Farixa, en Ourense:

Tourettes from Canle Catro on Vimeo.

Sem comentários: