domingo, 15 de maio de 2011

Lois Pereiro 7 a 1 (5)

(E se ainda hai máis vida de onde saíu esta,
á que roubarlle palabras de amor e morte, voulle
retorcer o pescozo ata que sinta noxo do que deixa atrás. 
Pero daquela xa terá penetrado
nun remuíño de silencio e de humidade, 
calando máis a miúdo cada vez...)

Declaración

Amarte, vida, amarte case sempre,
inda que sexas dura e leves enntremedias 
piedade e odio intermitentemente.

Es ti a que sempre educas e aceleras
a doenza letal dos que non se resignan
a ignorar como es en realidade:
somentes un traxecto
cómodo e aldraxante cara á morte, 
un tránsito inútil e innecesario.

Pero a ignorancia salva ós que non queren
arriscarse a perderte tan axiña
a cambio da renuncia a profanarte.

E aqueles dentes que perdín
precisaríaos agora para defender
as conviccións nas que me reafirmo.

Solidario e amable, se é posible,
ou lobo estepario no deserto,
completarei o círculo insurxente
coas balas do desexo.

                                  agosto, 95

De Poesía última de amor e enfermidade

Sem comentários:

"Nunca me pintes costuras nos labios"

Co gallo do Día Contra a Violencia de Xénero , na Biblio o alumnado de Artes Escénicas e Danza de 4º da ESO realizaron unha performance a p...