segunda-feira, 24 de outubro de 2011

E no Samain...4º concurso!

Xá está aí o Samain ou Ano Novo Celta , agora reconvertido en Halloween!
Homenaxeando  tradicións antigas e actualizando un concurso que, desde hai catro anos, organizamos desde a biblioteca, convocámosvos para participardes (non só o alumnado) nesta edición, atendendo ao que segue:

1. Tipos de participación :

  • Cabazas adornadas
  • Posters alusivos á festividade
  • Pasteis e doces feitos con castaña, cabaza ou produtos da época.
  • Poemas, cantigas, contos alusivos á celebración
  • Móbiles colgantes con motivos propios de Hallowenn/Samain

2. Datas e lugar de entrega de materiais participantes: 

Desde o día 25 de outubro ao 10 de novembro deste 2011, na biblioteca.

  • As participacións con produtos gastronómicos só se entregarán nos días 10 ou 11 de novembro.
3. Exhibición: 

Desde a entrega até o 11 de novembro, Dia dos Magostos.

4. Premios: 

Sorpresa!

5. Entrega de premios: 

Venres, 11 de novembro, ás 11h15 na biblioteca


Por se queredes ideas, a seguir, este gloster con participacións de outro ano (clica sobre as imaxes para veres melhor):

Sem comentários:

"Nunca me pintes costuras nos labios"

Co gallo do Día Contra a Violencia de Xénero , na Biblio o alumnado de Artes Escénicas e Danza de 4º da ESO realizaron unha performance a p...