quinta-feira, 24 de maio de 2012

Necesidade de políticas normalizadoras. Por que?

O luns 4 de xuño rematan os actos iniciados por mor das Letras Galegas. Cunha charla-coloquio na que prestixiosos profesionais de distintos ámbitos como a educación, investigación ou xustiza aportarán a súa experiencia e coñecementos sobre un dos nosos bens (inmateriais?): a nosa lingua.
Verbo do Festival das Letras, celebrado o día 16 de maio, participaron Maestres de Altair con Sara Martínez, Yaiza López Otero e Elena Martínez Dios, todos eles presentados moi profesionalmente por Jéssica Díaz García, membro do EDLG.
Continuamos este festival de forma reivindicativa contándovos o que NON é para nós o PLURILINGÜISMO: Non é un reparto de línguas por materias. Non é aprender só inglés e castelán. E resaltamos a traxectoria dun home como Valentín Paz Andrade que tiña a Galicia como tarefa. Tamén lemos a nova da Voz de Galicia  que  contaba como os Xaponeses celebran as Letras Xaponesas? Non, as nosas, as Letras Galegas!
A seguir, entregáronse os Premios do VII Concurso Literario; as gañadoras recibiron un agasallo da Anpa, un diploma, a Revista Tempus e un vale do EDLG. As premiadas foron: Andrea Neira Gómez 1º premio, Tamara Pérez Castro, 2º premio, Alba Fernández Fernández, 3º premio e un accésit para a gañadora do pasado ano Carmen Jorge. E, por suposto, todos os participantes no festival tiveron tamén os seus respectivos agasallos. Noraboa a todos e todas!
Tamén fixemos entrega do Premio á Entidade Amiga ao Museo de Prehistoria e Arqueoloxía de Vilalba e ao seu director: Eduardo Ramil.
Un festival das Letras espectacular on PhotoPeach

Sem comentários:

25N. CONCURSO DE POSTERS.

                                                    Con motivo da conmemoración do Día contra a violencia de xénero, a Biblioteca organiza u...