Ningún tópico tan sobado como o do amor a Galicia. Escoitamol-o a cotío, nos mais deversos tons decramatorios, ora pra matizar sentidas protestas de galeguismo, ora pra encubrir a turba aparencia de accións inxustificabres.
D-esa crás de amor a Galicia, pra uso de brandos sentementales e de malabareiros retóricos, queremos denunciar hoxe o que ten de truco inxenuo. Con tud-o amor a Galicia en que andan a se derreter xentes tales, ningún positivo ben se recada par-a Terra. Seguirá vivindo Galicia, coma dende fai catro longos séculos, en rexime de colonia, sen concencia esperta pra se rebelar e manumitir. É un amor que arrola, e, pol-o tanto, adurmiña no actual estancamento, na indinidade e na servidume. (Revista A Fouce, nº 30, 1 de AbriI de 1931).

Xa pasou case un século desde a escrita destas palabras de Valentín Paz-Andrade que, infelizmente, ainda vigoran hoxe; os "malabareiros retóricos" continúan tendo á man o microfone ou o podio para ecoaren, en datas sinaladas e rituais, ese "amor" á terra e á lingua que, porén, non conseguiu adormecernos.
Especialmente hoxe, debemos estar alertas a esa malabareirice: será a que oculte un inxente traballo sobre Valentín Paz Andrade (olla aqui, aqui, aqui e Bibliotecas Escolares Galegas) e boa parte do seu legado.
Como homenaxe a Paz-Andrade, podemos mergullar no coñecemento da sua constante reflexión sobre a Galiza como proxecto de futuro; é sempre destacada a súa faceta de economista, mais non sempre se pon de relevo a concepción multidisciplinar dos seus plantexamentos económicos, tamén proxectados para a lingua, unha lingua galega internacional, "transcontinental", anti-crise:
¿Que camiño debe escoller Galiza para axustar a futura evolución da sua
lingua? ... ¿Non pode d-algún xeito estar recramendo certa virada no
rumo da política interna do idioma? ... ¿O galego ha de seguir mantendo
unha liña autónoma na sua evolución como idioma, ou ha de pender a mais
estreita similaridade co-a lingua falada, e sobre todo escrita, de
Portugal e-o Brasil? ... Non se pretende chegar á unificación literal.
mais trátase de conter a disociación, facendo os axustes necesarios pra
aproveitar as ventaxas mútuas que un intertroque permanente podería
proporciar. A ninguén se lle oculta que, da parte da Galiza, hai a gañar
moito mais que a perder, si a relación entre unha e outra fala se
avivece e sostén. (“A evolución trans-continental da
lingua galaico-portuguesa” in O Porvir da Lingua Galega. Círculo de las Artes, Lugo,1968
Que sorte de cegueira pode aínda hoxe, co-a mellor intención, seguir
pechando as portas do idioma, abertas car-a sua máis grandiosa
froración humán e literaria? Cecais estamos diante do no máis tolledor
da cultura galega, aínda que moitos non teñan reparado n-el.
(Epistolario 1997)
Sem comentários:
Enviar um comentário