segunda-feira, 29 de abril de 2013

Bolsas para o alumnado de 2º BAC



CNIC = Centro Nacional de Investigacións Cardiovasculares Carlos III.

O CNIC ofrece ao alumnado de 2º de Bacharelato, na modalidade de Ciencias da Natureza e da Saúde, a posibilidade de entrar en contacto coa investigación biomédica para espertar e fomentar o seu interese nela.

Para isto, deseñou o programa Acércate ao través do cal o estudante terá a oportunidade de aprender novas técnicas aplicables na investigación biomédica, realizar experimentos dirixidos, coñecer a utilización dalgúns sofisticados equipamentos científicos etc.; baixo a supervisión de investigadores do centro.

O alumnado seleccionado gozará dunha bolsa que cubrirá os seguintes conceptos:
  • Viaxe de ida e volta no medio elixido polo alumnado (avión, tren ou autobús)
  • Estancia en Colexio Maior
  • Traslados entre o lugar de chegada en Madrid e o Colexio Maior
  • Traslados diarios entre o Colexio Maior e o CNIC e os derivados da realización de actividades extra-académicas
  • Gastos de manutención (réxime pensión completa)
  • Dotación económica para gastos persoais de 300 €
O período formativo desenvolverase nas instalacións do CNIC desde o 8 ao 19 de xullo de 2013.

O prazo de presentación de solicitudes finalizará o día 4 de xuño de 2013.

Convócanse 8 prazas.

Bases de la convocatoria: pincha aquí

Formulario de solicitud:  pincha aquí

Sem comentários:

25N. CONCURSO DE POSTERS.

                                                    Con motivo da conmemoración do Día contra a violencia de xénero, a Biblioteca organiza u...