quinta-feira, 25 de abril de 2013

Visita aos Xulgados

Xuízos de faltas, violencia doméstica e violencia de xénero, exención de responsabilidade criminal, xuíz instrutor, secretaria xudicial, fiscal, imputado, procesado, condenado...como son as oposicións a xuíz... Aprendemos moito nesta visita organizada polo Equipo de Dinamización Lingüística do IES Nosa Señora dos Ollos Grandes.
Visita entrañable polo trato recibido por parte de Luís Villares Naveira, xuíz do Contencioso  organizador da actividade, como pola xuíza Sandra Piñeiro directora dos xuízos e que atendeu todas as nosas inquedanzas. así como a Fiscal Lucía Girón ou a Secretaria Xudicial Mónica Veiga que, por certo, estudou no noso IES ou por Mª Xosé .
Algunhas das opinións do alumnado asistente son as seguintes:

Pareceume unha experiencia moi interesante, e unha carreira moi emocionante a de Dereito. Carlota Gómez
A experiencia foi moi interesante xa que era a primeira vez que a maioría dos alumnos presenciabamos un acto como este. Iván Sánchez.
Foi unha boa experiencia. Jorge López.
Rematada a visita, fixemos a clásica foto de grupo e regresamos ás aulas, pero esta vez cunha experiencia única e que, sen dúbida, repetiría. Carlos Ferreiro.
Concluíu a nosa mañá no xulgado, na que puidemos observar tanto o léxico utilizado no ámbito xudicial como a celebración dos xuízos que nunca antes viramos Lucía Hernández.
Deixoume moi bo sabor de boca e pareceume moi interesante poder ver o funcionamento deste tipo de xuízos, xa que creo que a xente que queira traballar disto nun futuro agradecerao moito, e tamén a xente que non, posto que seguro que aprenderon cousas que non sabían. Patricia García.
Remata a mañá na que aprendemos moitas cousas e que agardo que nos sirva para sempre. Foi unha experiencia moi boa. Carmen Linares.
Penso que, aínda que non viramos moitos xuízos, serviunos para entender o seu funcionamento e foi unha grande axuda para aqueles que queremos estudar Dereito. Heitor Bello.
Foi unha gran actividade, moi interesante, coa que aprendín moito sobre o mundo da xustiza e na que cambiei bastante o meu concepto sobre como era un xuízo de verdade. María Miragaya
Para finalizar, demos as grazas por concedernos esta oportunidade e por como nos trataron. Uxía Quintela.
Visita ao xulgado de Lugo on PhotoPeach

Sem comentários:

Letras Galegas 2018

A Secretaría Xeral de Política Lingüística convoca un concurso para elaborar unha exposición sobre a obra, época e lingua da autora ho...