Ops- Divindade relacionada coa fertilidade e a terra, padroeira da riqueza e da prosperidade.
Ops- O Português Simples
Xeralmente, na Galiza non nos apercebemos da riqueza que posuímos só por termos unha lingua que nos coloca nunha posición de vantaxa frente a outros pobos: co galego,
podemos comunicarnos con máis de 200 millóns de persoas.
Sermos conscientes desta realidade é o obxectivo fundamental dos ateliés Ops. O Português Simples que teremos nesta semana no instituto, grazas á axuda económica da Área de Cultura da Deputación de Lugo.
Nesta ocasión e perante a necesidade de escollermos destinatarios, os ateliés dirixiranse a alumnado -e profesorado que poida/queira- de 2º, 3º e 4º de ESO, nos tres primeiros días da semana.
Estas son algunhas impresións de alumnado que asistiu a outros Ops!:
Aprendemos que grazas ao galego podémonos comunicar con moita xente
porque o idioma de Portugal está entre as linguas máis faladas do mundo
con máis de douscentos millóns de falantes. Algo que, ata o de agora,
non nos pararamos a pensar. Rematamos o obradoiro apuntando unhas
páxinas web para poder entrar ou investigar un pouquiño máis. Foi moi
divertido.
Ciranda. À volta do português é un proxecto/empresa que oferece estes obradoiros -ideados pola AGAL-, á par de outros servizos de difusión lingüística e cultural.
Unidade didáctica/Ops!
Sem comentários:
Enviar um comentário