A emoción do descubrimento é o que nos leva a coller un libro e abrilo.
A lectura, no caso da Ciencia, debe ser pausada o que leva a unha mellora da comprensión lectora, clave no proceso educativo.
Estas son algunhas das afirmacións coas que nos engaiolou Jorge Mira. Científico divulgador de recoñecido prestixio e galardoado con numerosísimos premios, a pesar da súa xuventude.
Podes coñecer aquí algo máis da súa apaixoante vida. Podes ver tamén a entrega do Premio Fonseca, tras unha sonora ovación por parte do público asistente e da lectura da acta do xurado por parte do presidente do Programa ConCiencia Jorge Mira Pérez, o doutor Stephen Hawking recibe o premio de mans do reitor Senén Barro e do alcalde do Concello de Santiago.
O experimento científico máis bonito, o filme Unha mente marabillosa, Donald no país das matemágicas, a proporción áurea, o programa ConCiencia e os premios Nóbel ou a Rima IV de Bécquer, nesta espectacular charla de Jorge Mira.
Sem comentários:
Enviar um comentário