quinta-feira, 8 de maio de 2014

Fran Alonso na Biblioteca

   Os alumnos pertencentes ao Club de Lectura, que dirixe Esther Rodríguez, tivemos a oportunidade de asistir a unha reunión co escritor Fran Alonso, autor do que leramos libros coma Cartas de Amor ou A punta de pistola.
 
     Resultou unha experiencia moi interesante e enriquecedora xa que puidemos aprender como se xestou a realización deste segundo libro nunha presentación organizada polo escritor na que tivemos ocasión de ver os resumos e borradores previos á redacción desta obra literaria, presentada ao XII concurso do xornal La Voz; aspectos da vida dos personaxes, a historia de Celia Rivas, muller real reflectida na historia; a forma de escribir a partir do secuestro dun rapaz organizado polos seus pais acaecido na realidade e recollido nunha noticia publicada nos xornais, ou as dificultades do autor á hora de escribir o argumento e adaptalo ao número de caracteres establecidos nas normas do concurso.
 
    Ademais tratouse o tema das novas tecnoloxías aplicadas á literatura e Fran Alonso adiantounos a obra en formato dixital que está a preparar

Alexandre Porto (4º ESO B)
                      
Fran Alonso na Biblioteca Ollos Grandes on PhotoPeach

Sem comentários:

25N. CONCURSO DE POSTERS.

                                                    Con motivo da conmemoración do Día contra a violencia de xénero, a Biblioteca organiza u...