Mostrar mensagens com a etiqueta Club de Lectura. Mostrar todas as mensagens
Mostrar mensagens com a etiqueta Club de Lectura. Mostrar todas as mensagens

terça-feira, 21 de maio de 2019

Club de lectura interxeneracional


O 15 de maio, os alumnos do noso club de lectura de 2º e 3º de ESO tiveron un encontro co club de lectura de maiores de Afundación, obra social de Abanca. O encontro tivo lugar na sede social de Afundación. 

O libro obxecto de debate foi Corazón que ríe, corazón que llora, da autora caribeña  Maryse Condé, premio Nobel alternativo do ano 2018.

quinta-feira, 25 de maio de 2017

Club interxeracional


 O pasado xoves 18 de maio tivo lugar na nosa Biblioteca a última xuntanza do Club de lectura interxeracional. O libro de lectura compartida foi Historia de un perro llamado leal de Luis Sepúlveda, unha fábula sobre a amizade ambientada no contexto da sociedade mapuche e a súa loita contra os opresores que pretenden quitarlles as súas terras.
Club de lectura interxeracional on PhotoPeach

sexta-feira, 6 de novembro de 2015

O Club de lectura: unha boa elección!

Chámome Jesús Castro e estou en 2º da ESO. Entrei no Club de Lectura Ollos Grandes cando estaba en 1º e podo dicir que foi un gran acerto. Esta actividade abriume novas portas sobre a literatura e fixo o curso máis divertido.
O ano pasado tiven unha reunión cun Club de Lectura formado por personas da terceira idade. Foi interesante saber o que lían e descubrir que non tiñan gustos tan diferentes aos nosos, ademais foi divertido xa que eles tiñan varias anécdotas que nos contar.
É unha experiencia que recomendo a todo o mundo, pero en especial a xente que é coma min. A xente que vive e sente os libros.


quinta-feira, 8 de maio de 2014

Fran Alonso na Biblioteca

   Os alumnos pertencentes ao Club de Lectura, que dirixe Esther Rodríguez, tivemos a oportunidade de asistir a unha reunión co escritor Fran Alonso, autor do que leramos libros coma Cartas de Amor ou A punta de pistola.
 
     Resultou unha experiencia moi interesante e enriquecedora xa que puidemos aprender como se xestou a realización deste segundo libro nunha presentación organizada polo escritor na que tivemos ocasión de ver os resumos e borradores previos á redacción desta obra literaria, presentada ao XII concurso do xornal La Voz; aspectos da vida dos personaxes, a historia de Celia Rivas, muller real reflectida na historia; a forma de escribir a partir do secuestro dun rapaz organizado polos seus pais acaecido na realidade e recollido nunha noticia publicada nos xornais, ou as dificultades do autor á hora de escribir o argumento e adaptalo ao número de caracteres establecidos nas normas do concurso.
 
    Ademais tratouse o tema das novas tecnoloxías aplicadas á literatura e Fran Alonso adiantounos a obra en formato dixital que está a preparar

Alexandre Porto (4º ESO B)
                      
Fran Alonso na Biblioteca Ollos Grandes on PhotoPeach

quinta-feira, 21 de fevereiro de 2013

Club de lectura



 Lembrade que hoxe xoves, ás 11:15, os que integrades o club de lectura de 2º eso, tedes unha reunión na biblioteca.

quarta-feira, 20 de fevereiro de 2013

Club de lectura




Lembrade que hoxe mércores, ás 11:15, os integrantes do club de lectura de 3º eso, tedes reunión na biblioteca.

segunda-feira, 18 de fevereiro de 2013

Club de lectura


Lembrade as próximas reunións do club de lectura Ollos Grandes :
  •  3º eso 20  de febreiro (mércores, 11.15, na biblioteca) Libro de lectura: A coroa de Napoleón de Santiago Jaureguízar (hai exemplares na biblioteca)
  • 2º eso 21 de febreiro  (xoves, 11.15, na biblioteca)
    Libro de lectura: Persépolis de Marjane Satrapi (hai 3 exemplares na biblioteca e 2 copias en soporte dixital)
  • Profesores: 26 de febreiro  (martes, 6 da tarde, na  biblioteca)  Libro de lectura: El público, de Bruno Galindo (hai 5 exemplares na biblioteca)






 



25N. CONCURSO DE POSTERS.

                                                    Con motivo da conmemoración do Día contra a violencia de xénero, a Biblioteca organiza u...