Chámome Jesús Castro e estou en 2º da ESO. Entrei no Club de Lectura Ollos Grandes cando estaba en 1º e podo dicir que foi un gran acerto. Esta actividade abriume novas portas sobre a literatura e fixo o curso máis divertido.
O ano pasado tiven unha reunión cun Club de Lectura formado por personas da terceira idade. Foi interesante saber o que lían e descubrir que non tiñan gustos tan diferentes aos nosos, ademais foi divertido xa que eles tiñan varias anécdotas que nos contar.
É unha experiencia que recomendo a todo o mundo, pero en especial a xente que é coma min. A xente que vive e sente os libros.
Sem comentários:
Enviar um comentário