In memoriam  
Xosé-Luís Novo Cazón 
"Na procura da historia e da beleza" 
 (Xosé-Luís Novo Cazón: Tempus das Letras. 2009) 

Sempre o noso guía, seguiremos o itinerario que nos ensinaches

quinta-feira, 22 de maio de 2014

PREGUNTAS E RESPOSTAS FRANCO-GALEGAS

                                    Traballando na biblioteca


Por Nerea Pérez e Raquel López ( 4ºD e 4ºB)

Realizamos unha entrevista sobre o intercambio que fixemos a La Rochelle, todas respondemos a varias preguntas: Raquel López e a súa corres Justine e máis  eu, Nerea Pérez e a miña corres Manon.

-Que o que máis vos gustou de Lugo? E da Rochelle?
A ambas o que máis lles gustou de Lugo foi o ambiente.
A nós o que máis nos gustou da Rochelle foi a praza chamada Place de Verdun.

-Que comidas novas probastes?
Algunhas comidas que probaron foron o  polbo, típica comida de Galicia, as navallas, a tortilla española e a paella.
Algunhas comidas que probamos na Rochelle foron, a quiche (masa quebrada, ovos, queixo, leite, bacon, xamón e champiñóns); a raclette (queixo, cebola, xamón doce que se quenta e se bota sobre as patacas), crème fraîche con arroz e carne e filet mignon.

-Cal foi  a vosa comida favorita?
A comida favorita de Manon foi a tortilla e a de Justine a paella.
A comida favorita de Raquel foi o filet mignon e a miña foi a crème fraîche con arroz e carne.

-Gustouvos o IES Ollos Grandes? E o  Lycée Jean Dautet Dautet?
A ambas gustoulles o instituto e opinan que é moi bonito e que a zona é moi boa.
As dúas nos gustou o instituto e pensamos que é enorme en comparación co noso.

-Que diferenzas hai entre o noso instituto e o da Rochelle?
A diferenza entre os dous institutos é que os profesores alí só dan clase, teñen profesores especializados para as gardas a diferenza de aquí onde os profesores fan as dúas cousas.
Tamén os horarios son diferentes xa que alí teñen varias horas seguidas da mesma asignatura e os mércores saen as doce e non teñen máis clases.
Alí diríxense aos profesores por Madame ou Monsieur, e aquí dirixímonos a eles polo nome

-E as asignaturas?
Alí non teñen ximnasia, teñen voley, pin pon e fitness, que cambian según o  trimestre.
Teñen unha asignatura que se chama SVT (Sciences  de la vie et de la terre).
Non teñen atención educativa, nin ética , nin relixión e só teñen informática en primaria.

-Que pensades da xente de Galicia?
Para elas é moi  diferente, xa que aquí coñecémonos todos e alí non, aquí hai grupos moi grandes de amigos e alí hai moitos grupos pequenos.
Pensan que comemos moito, que somos moi amables  e que nos preocupamos moito da xente.
  
-Repetiriades o intercambio?
A resposta de todas foi un claro si.


Sem comentários: