segunda-feira, 24 de novembro de 2014

Conmemorando a caída do Muro

Por Blanca Fenandez Valiña 1º BAC D

A construción do muro de Berlín e, especialmente, a súa caída formaron parte dun dos momentos máis importantes do século XX.
Durante 28 anos a cidade de Berlin estivo dividida debido á creación dun muro creado pola Republica Democratica Alemana tras darse conta da perdida de poboacion que sufriu despois de crear 81 puntos de paso entre a Republica Federal e a Democrática.
Por iso, na noite do 12 de agosto de 1961 ergueuse o muro provisional deixando só doce puntos abertos. Durante os seguintes días comezouse a construción dun muro de tixolo, destruíndo así as vivendas que entorpecían a súa construción.
Despois de 28 anos, o 9 de novembro  de 1989 afírmase que o paso ata o oeste estaba permitido, motivada esta iniciativa pola apertura das fronteiras entre Austria e Hungria.
O IES Ollos Grandes e o IES Lucus Augusti quixeron celebrar o 25 aniversario deste importante acontecemento histórico de maneira conxunta cos alumnos de alemán de cuarto da ESO, primeiro e segundo de Bacharelato.
Primeiro, proxectouse no salón de actos do IES Lucus Augusti un documental sobre o muro de Berlín. Logo, a profesora Sandra Rodríguez Fernández lembrou cunha exposición de Power Point o muro existente hai anos entre os dous institutos.  A continuación, os alumnos participantes dos dous centros colocaron as caixas de cartón que pintaran nas súas casas como parte da actividade simulando unha parte do muro no patio do IES Ollos Grandes.
Antes de derribar o muro,  unha alumna do IES Lucus Augusti  fixo unha reflexión sobre os muros aínda existentes no mundo. Finalmente, volveuse a construír o muro na entrada do IES Ollos Grandes, cun pequeno texto que explica a súa historia para que aqueles que non participaron na actividade teñan coñecemento dun dos episodios máis importantes da historia do século XX.


Conmemorando a caída do muro de Berlín on PhotoPeach

Sem comentários:

25N. CONCURSO DE POSTERS.

                                                    Con motivo da conmemoración do Día contra a violencia de xénero, a Biblioteca organiza u...